Manifesto Miñor convoca unha Asemblea Aberta con motivo da aprobación por decreto e sen pasar polo Pleno das dedicacións exclusivas do goberno municipal
Debido aos últimos acontecementos no seo do goberno municipal de Gondomar, dende Manifesto Miñor convocamos unha Asemblea aberta a toda a veciñanza de Gondomar, a fin de tratar a situación política municipal logo de que o señor Alcalde asinase por decreto a súa dedicación exclusiva e a dos seus compañeiros de Goberno. Xa que logo, supoñemos que don Paco Ferreira vai convocar o Pleno de Organización da nova corporación municipal nos últimos días de xullo, polo que deixa pouco marxe de manobra, pois agosto é un mes con nula actividade política, para que a oposición poida desenvolver axeitadamente o seu traballo de fiscalización das accións do goberno.
En todo caso, unha vez coñecidas as intencións deste goberno supostamente socialista de aumentar os seus salarios, dende Manifesto Miñor queremos debater sobre as posibles actuacións diante de tan escandalosa maneira de proceder por parte dun goberno en minoría. Resulta claro que o interés principal dxs concelleirxs do PSOE non é Gondomar, senón manter as súas boas dedicacións exclusivas e seguir cobrando das arcas municipais.
Convocatoria Asemblea Aberta de Manifesto Miñor
- Venres, 21 de xullo.
- 20:30 horas.
- Local de Manifesto Miñor no CDL de Gondomar.
Orde do día:
- Informacións sobre a situación municipal.
- Pleno de Organización.
- Posición perante as Eleccións xerais do 23 de xullo.
- Celebración do Día da Patria – 25 de xullo.
- Posicións político-organizativas para o vindeiro curso político.
Cómpre lembrar que as asembleas de Manifesto Miñor son abertas á cidadanía para a súa participación nos procesos de Manifesto Miñor. Porque en Manifesto Miñor, a túa opinión conta, decidimos xuntxs!