Paco Ferreira comeza o mandato desprezando a soberanía popular que representa o Pleno e outorgou as dedicacións exclusivas por decreto de Alcaldía

Velaí o último acto de soberbia política de D. Paco Ferreira e o primiero do novo mandato desprezando o órgano da soberanía popular que non é outro que o Pleno da Corporación Municipal  de Gondomar, auto-adxudicándose os salarios a el mesmo e @s concelleri@s con dedicacacións exclusivas, aproveitando un suposto baleiro legal, que xa veremos. Ou é que o resto dos gobernos municipais en minoría do País son parvos? Un pésimo comezo de mandato para quen perdeu a maioría absoluta e vai ter que negociar todo coa oposición. Unha vez máis vemos ao Sr. Ferreira “tendendo pontes” e “dialogando” cos grupos que formamos a corporación municial. Por certo, a día de hoxe a Manifesto Miñor nin nos chamou… el saberá. Dende Manifesto Miñor advertímoslle que non sempre o que se publica no BOPP (BOPP nº135 de 13 de xullo) vai adiente. Coma neste caso, invocando como único argumento legal a modificación da base nº25 das bases de execución do orzamento municipal de 2012, prorrogado até hoxe, unha modificación que en todo caso e ao noso modo de ver só tería vixencia para o mandato 2019-2023. Por moito que lle pese ao Sr. Ferreira, o Pleno da Corporación Municipal de Gondomar vai ter (debe ter) a última palabra neste asunto.

Resulta unha burla á Corporación Municipal e á veciñanza de Gondomar en xeral, que un alcalde e un goberno que non foron quen de aprobar un só ano os orzamentos municipais durante todo o pasado mandato, que  agora por decreto e sen rubor, detraen duns orzamentos prorrogados e escualidos (en vigor dende 2012), máis de 300.000€ para pagarse a si mesmos.

Calquera asociación, partido, entidade social, cívica, etc., do tipo que for, somete sempre a aprobación dos salarios e dedicacións exclusivas dos seus membros ao criterio do organo soberano, chámese asemblea, consello de administración, pleno, etc., menos o PSOE de Gondomar.

En Manifesto Miñor xa estamos estudando as posibles iniciativas tanto dende o  punto de vista legal coma político. Esta nova alcaldada do Sr. Ferreira pola nosa parte non vai quedar sen resposta.

Mal comezamos, Sr. Ferreira!

 

En Gondomar, a 13 de xullo de 2023.

Asdo. Antonio Araújo Quintas.

Xullo 14, 2023

Etiquetas: , , ,