O goberno municipal do PSOE e do señor Ferreira impiden o control democrático por parte dxs concelleirxs da oposición
O Pleno da Corporación Municipal dun concello é o órgano de máxima representanción popular e, en consecuencia, o principal espazo de debate e control democrático que a oposición e a veciñanza teñen sobre o goberno municipal. Isto que resulta tan obvio para calquera persoa cunha mínima sensibilidade e práctica democráticas, non o é para o Sr. Ferreira e o PSOE de Gondomar.
O novo mandato comezou o 20 de xuño de 2019 co pleno de constitución da corporación municipal. O 10 de xullo tivo lugar o pleno de organización onde se acordou POR UNANIMIDADE, entre outros acordos, celebrar os plenos ordinarios UN CADA MES todos os primeiros xoves.
Pois ben, no período de xuño a decembro de 2019, o Sr Ferreira “eliminou” os plenos de agosto e de novembro, celembrándose os demais ao chou e cando a el lle deu gana. Incluso aqueles que foran pactados coa oposición, tampouco foi respectada a data acordada. Como exemplo desta maneira de actuar do Sr Ferreira que non quer fiscalización de ningún tipo, convocou o pleno de decembre o día 23, tendo en conta que ramatou pasada a unha da mañá, pódese dicir que fixemos un pleno o día de Noite Boa.
No que vai de ano 2020, a tónica segue a ser a mesma. O pleno de xaneiro que tiña que ser o día 2, celebrouse o 16. O do febreiro previsto para o día 6 tivo lugar o día 13, e por último, o do mes de marzo pactado por todos os grupos muncipais para o este luns día 9, simplemeente non se convoucou sen dar ningún tipo de explicacións.
No apartado de acceder aos expedientes ou incluso a documentos de libre acceso, con este alcalde é unha misión imposible. Todo son atrancos e atrasos, incluso oculta documentos que de maneira preceptiva teñen que figurar no expte. dos plenos (Decretos da Alcadía) e non se incluen. En MM-EM levamos incluso máis dun mes agardando por acceder a determinada documentación cando a lei fala de 5 días. Por non falar dos “olvidos” aos grupos da oposición a actos oficiais do Concello…
Porque tanto interese enn lle ocultar información ou en poñer pexas no acceso á información aos representantes democraticamente elixidos polxs veciñxs? Que se está ocultando?
Xa non valen escusas de mal pagador, tipo que non hai Secretario Municipal, cando estamos diante dun goberno muncipal con maioría absoluta, coas areas de goberno perfectamente repartidas e troceadas, e sobre todo con 7 de 9 concelleirxs con dedicacións exclusidas.
Dende MM-EM consideramos esta actitude do Sr. Alclade e do PSOE impropia dun goberno democrático e que se di de esquerdas, polo que non descartamos acudir á Valedora do Pobo, ou outras instancias para reclamar os dereitos que temos encuanto representantes do pobo
En Gondomar, a 6 de marzo, de 2020.
Asdo.: Antonio Araújo Quintas. Porta-voz do GM de MM-EM