Dende Manifesto Miñor esiximos que a Presidencia da Mancomunidade do Val de Miñor medie no conflito do Grupo de Emerxencia Supramunicipal a fin de resolver os problemas e revitalizar o servizo

A PRESIDENCIA DA MANCOMUNIDADE DO VAL DE MIÑOR, DEBE MEDIAR NO CONFLITO DO GES E RESOLVELO XA. DO CONTRARIO, ESTÁN XOGANDO CON LUME.

Non é a primeira vez que Manifesto Miñor ten chamado  a atención aos diferentes gobernos da Mancomunidade do Val de Miñor sobre a situación do GES, e, a dicir a verdade, sen moito éxito. Agora, á vista dun conflito que se agrava e que leva enquistado máis de catro anos, por parte dos reponsables políticos que levan pasado nestes catro anos, por certo, todos do PSOE, se tomou unha soa medida ao respeito. Todo foron boas palabras, ou nin iso. 

O GES é un servizo imprescindible e dunha utilidade pública máis que comprobada polo que os responsables políticos da Mancomunidade deberían estar máis que atentos ao seu funcionamento e aos problemas internos que poida haber. A falla desa atención á hora de resolver ou de mediar nos conflictos pode levar o GES unha situación de bloqueo e, polo tanto, de chegar a ser inoperativo.

En Manifesto Miñor, hai tempo que chegamos á conclusión de que para os tres alcaldes do PSOE do Val de Miñor a Mancomunidade é un estorbo, e, en consecuencia, optaron pola estratexia de ir deixándoa morrer pouco a pouco por inanición. Para nós trátase dunha gravisima irresponsabilidade política pois a Mancomunidade é, e pode ser aínda máis, unha ferramenta de moita utilidade para Comarca, e  que ademais conta con persoal e recursos propios que cómpre xestionar axeitadamente. Mirar para outro lado como no caso do GES é dunha gravidade sen parangón, poderíase dicir que ESTÁN XOGANDO CON LUME no sentido literal da expresión.

Dende Manifesto Miñor esiximos que sen máis dilación a Presidencia de quenda da Mancomunidade tome cartas no asunto escoitando ás partes en conflicto e mediando pra resolvelo e que o servizo do GES non se vexa afectado por esta situación, máxime co verán que estamos tendo e o que pode vir.

Val de Miñor, xullo de 2022.

Asdo.: Antonio Araujo Quintas

Xullo 31, 2022

Etiquetas: , ,