Manifesto Miñor presenta unha moción no Pleno de Gondomar para que a fibra óptica chega a todos os rincóns do Concello de Gondomar

En parte do concello xa está despregada a fibra óptica e so falta que se autorice por parte dunha empresa sita na Xunqueira a sustitución do cableado para que unha internet ultrarrápida sexa efectiva. Porén, preocupanos que no noso concello existan zonas brancas, aquelas que non teñan cobertura mínima de 30 MGps e as operadoras non teñen previsto chegar: estas áres son a Portavedra, a Fontiña, Vilas, Prado, Murxido e A Fraga (Couso).

Por iso, dende Manifesto Miñor presentamos unha iniciativa para que o Concello de Gondomar e a Xunta de Galicia se poñan a traballar para dar cobertura dunha internet de calidad a toda a veciñanza do concello. A moción foi aprobada por unanimidade, polo que esperamos que o compromiso adquirido pola corporación de Gondomar dea resultados o máis pronto posible.

Novembro 7, 2020

Etiquetas: , ,