Manifesto Miñor presenta emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia
EMENDAS DE MANIFESTO MIÑOR AOS ORZAMENTOS DA XUNTA, PRESENTADAS A TRAVÉS DO GRUPO PARLAMENTAR DE “EN MAREA”.
Manifesto Miñor como organización política de ámbito Comarcal, e en coherencia co noso programa eleitoral que trata ao Val Miñor coma unha comunidade humana moi ligada entre si por razósn de todo tipo, e onde os problemas estruturais deben ser tratados conxuntamente para que as solucións sexan de utilidade para a maioría, e con visión de futuro, a través do Grupo Parlamentar de En Marea, por medio dos parlamentarios Davide de Manzaneda e Luís Villares, presentamos unha seríe de enmendas aos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2020, que pola incidencia que poderían ter na poboación miñorá de seren aceptadas considerámolas prioritarias. Están centradas en cuestións moi básicas como son a mobilidade, o saneamento e a sanidade.
1ª.- Suprimir a peaxe da Autoestrada Vigo-Baiona (AG-57), rescatar a concesión e convertela nunha vía de comunicación que sexa tamén de uso interno para unha Comarca de máis de 50.000 habitantes permanetes e que os duplica no verán. Isto sen dúbida axudaría a resolver o problema de mobilidade interna que temos no Val Miñor, funcionando na práctica cunha unha verdadeira circunvalación de Vincios, Gondomar, Baiona e de accesos aos polígonos industrias d´A Pasaxe e de Porto do Molle….Nós non saberíamos cuantificar este gasto, plurianula ou non.
2ª.- Construcción do paseo fluvial pola beria do Río Miñor entre Gondomar e A Ramallosa. Esta obra tan necesaria por diversos motivos, ademais de axudar a unha mobilidade das persoas sustentable, tería enormes beneficios económiscos para Comarca, especialmente para Gondomar, ao conetar o interior do Val Miñor coas paseos existentes na beiramar….Obviamente por unha cuestión de saúde, lecer, etc. O custe a día de hoxe pode andar sobre os 600.000€, Existe un proxecto do ano 2007 que anda sobre os 400.000€.
3ª.- Resolver a conectividade da Comarca do Val Miñor, internamente entre parroquias e concellos, pero sobre todo co exterior: con Vigo, coa UVIGO, cos hospitais de referencia , etc, dádo que a día de hoxe descoñecemos en que quedou o Plan de Transporte proposto pola Xunta.
3-a) Construcción de accesos directos dende a autoestrada AG57 ao CUVI dende Marcosende (intercesión a distinto nivel coa Rúa Clara Campoamor ate o CUVI) en ámbalas dúas direccións, entrada e saída.
3-b) Construcción de accesos en ámbalas dúas direccións (entrada e saída) dende a parroquia de Borreiros que permita a conexión coa rotonda de Sabaris, co obxecto de facilitar a mobilidade dos núcleos de poboación da marxe esquerda do Rio Miñor.
O custe aproximado destas dúas propostas (3-a e 3-b) andará na cantidade de TRES MILLONS DE EUROS
4ª.- Saneamento do Barrio da Pedra en Morgadáns-Gondomar….O Barrio da Pedra é un barrio singular, cunha configuración urbana moi singular, único en Gondomar, que conserva aínda a fasquía das súas orixes do S. XVIII: casas antigas, ifgrexa, enlastrado das rúas, vivendas acaroadas, etc…pero, non ten saneamento coa conseguinte problemática mesmo, de salubridade pública. Existen varios proxectos redactados ao respecto, tanto por parte do Concello coma de Augas de Galicia pero, nunca ninguen se puxo mans a obra. O orzamento das obras ascendería aproximadamante á cantidade de 600.000€.
5ª.- Maior dotación de persoal sanitario e non sanitario, así como de material, no PAC Val Miñor da Xunqueira. O PAC da Xunqueira atende durante todo o ano a una poboación de 50.000 habitantes estables que no verá duplícase ou máis. Pola súa condición de PAC tócalle atender todas as urxencias da Comarca pola tarde, e o problema dáse , por exemplo, cando un doente precisa dunha radiografía. Pois ben, de tarde non hai persoal que atenda esta necesidade co cal temos que vir a Vigo cando m oitas veces os facultativos poderían resolver alí simplemente con esta ferramenta. Como minimo sería reclamar este servizo polas tardes para as urxencias.
Val Miñor, 18 de Novembro de 2019.
Asdo. Antonio Araújo Quintas.
Porta-voz de M.M.-E.M.