Manifesto Miñor organiza un curso de manipulador de alimentos
Co ánimo de contribuír á formación dos nosos veciños e das nosas veciñas, dende Manifesto Miñor estamos a organizar un curso oficial de Manipulador de Alimentos destinado a toda a cidadanía de Gondomar e do Val Miñor.
O curso, que ten unha taxa de inscrición de 10€ por persoa, comezará unha vez se teñan inscritas un mínimo de 15 persoas e desenvolverase nalgún espazo público que se concretará proximamente. As prazas cubriranse por orde de chegada das solicitudes.
As persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico ao enderezo manifestominhor@gmail.com indicando o seu NOME e APELIDOS, DNI, E-MAIL e TELÉFONO para contactar con elas.