“Manifesto Miñor escoita a veciñanza”. Rolda de encontros nas parroquias de Gondomar

Manifesto Miñor comeza unha rolda de encontros coa veciñanza das parroquias para escoitar as súas demandas e reivindicacións. A primeira xuntanza será cos veciños e coas veciñas de Borreiros, o vindeiro domingo 19 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Centro Cultural. 

Como queira que nos últimos plenos de Gondomar, dende Manifesto Miñor, levamos reclamando que se consensúe coa parroquia un proxecto definitivo para as beirarrúas da estrada entre O Telleiro e A Esparela e diante do rexeitamento do señor Alcalde atender unha necesidade básica da parroquia, queremos informar da situación e poñer en coñecemento da veciñanza en que punto se atopa o desenvolvemento do anteproxecto que se fixo público hai uns meses. Asemade, queremos coñecer cales son as problemáticas que afectan á parroquia, fundamentalmente, na dotación de servizos básicos (saneamento, auga pública, etc.). 

En Gondomar, 16 de xaneiro de 2025. 

Manifesto Miñor. 

Xaneiro 16, 2025

Etiquetas: , ,