Manifesto Miñor convoca a súa Asemblea Aberta de dación de contas e valoración de resultados das eleccións do 28 de maio
Manifesto Miñor convoca a toda a veciñanza do Val de Miñor para a Asemblea Aberta o vindeiro venres, 9 de xuño, ás 21:00 horas, no local de Manifesto Miñor no CDL de Gondomar.
Os asuntos que se van tratar serán os seguintes:
1º-Lectura e aprobación da acta anterior marzo 2023.
2º-Aprobación das contas do ano 2022, para a súa presentación no Tribunal de Contas.
3º- Dación de contas e gastos das eleccións municipais de 28 de maio 2023.
4º- Análise de resultados concretos en Gondomar do 28 de maio.
5º- Política que se vai seguir no eido municipal nos tres concellos.
6º- Rogos e preguntas.
Cómpre lembrar que as asembleas de Manifesto Miñor son abertas á cidadanía para a súa participación nos procesos de Manifesto Miñor. Porque en Manifesto Miñor, a túa opinión conta, decidimos xuntxs!