Concentración contra a violencia machista
Hoxe espertamos cun novo caso de violencia machista en Chapela (Redondela). O feminicidio de María José Mateo García, de 52 anos, súmase aos asasinatos de moitas mulleres a mans das súas parellas ou exparellas.
Querémonos vivas! Querémonos libres!
Dende Manifesto Miñor animamos a toda a veciñanza miñorá a participar na concentración que terá lugar mañá, mércores 22 de febreiro, na Ramallosa (ou a calquera das concentracións que hai polo país), para berrar, xuntas, nin unha menos.