Asemblea aberta de Manifesto Miñor – En Marea en Baiona
Que queres para Baiona?
Este venres, 29 de marzo, ás 20:00 horas, no Multiusos Angel Bedriñana de Baiona Asemblea Aberta de Manifesto Miñor – En Marea para traballar no proxecto de unidade para o noso concello.
Esta Asemblea tamén servirá para escoitar á veciñanza, recoller inquedanzas e suxestións, para lle ir dando forma ao programa electoral das vindeiras eleccións muncipais do mes maio. Asemade, outro dos obxectivos é animar ás veciñas de Baiona para que participen libremente neste proceso electoral colaborando en Manifesto Miñor – En Marea. Só abrindo as organizacións políticas á sociedade será posible un cambio en profundiade no Concello de Baiona.
Todxs somos necesarixs: mulleres, homes, mozxs, novxs, traballadorxs, mariñeiros, desempregadxs, ecoloxistas, feministas. A candidatura de Manifesto Miñor – En Marea, pretende a diversidade e a pluralidade dunha sociedade do século XXI.
Achégate e participa! #DecidimosXuntas #DecidesTi