Asemblea aberta de Manifesto Miñor – En Marea en Nigrán

Que queres para Baiona?

Este luns, 1 de abril, ás 20:00 horas, na Casa Colorida de Nigrán, Asemblea Aberta de Manifesto Miñor – En Marea para traballar no proxecto de unidade para o noso concello.

Esta Asemblea tamén servirá para escoitar á veciñanza, recoller inquedanzas e suxestións, para lle ir dando forma ao programa electoral das vindeiras eleccións muncipais do mes maio. Asemade, outro dos obxectivos é animar ás veciñas de Nigrán, especialmente a xente moza, para que participen libremente neste proceso electoral colaborando en Manifesto Miñor – En Marea. Só abrindo as organizacións políticas á sociedade será posible un cambio en profundiade no Concello de Nigrán.

Achégate e participa! #DecidimosXuntas #DecidesTi

Abril 1, 2019

Etiquetas: , , , ,