Acto de peche de campaña de Manifesto Miñor este venres no Auditorio Lois Tobío
Poderiamos dicir sen nos equivocar que esta campaña electoral que vai de remate foi da máis dura que algunhas persoas lembramos en moitos anos… e das máis suxas tamén. Isto indica que é máis necesario que nunca volver introducir na política local, e obviamente no futuro Goberno Municipal, a decencia política, o sentido común e os consensos necesarios que fagan da Corporación Municipal un verdadeiro foro de debate de ideas e de propostas que sexan de utilidade pra mellorar Gondomar entre todxs. Con nós non puideron malia a todo o lixo e ameazas que sufrimos. Resulta evidente que somos necesarios e estamos convencidxs que, ademais, imos ser imprescindibles.
Pois ben, mañá pecharemos esta durísima campaña ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Gondomar, a cuxo acto convidamos a toda a veciñanza de Gondomar que nos queira acompañar e compartir connosco a fin deste etapa.
En Gondomar a 25 de maio de 2023.
Asdo.: Antonio Araújo Quintas.
Candidato á Alcaldía de Gondomar de Manifesto Miñor