A lentitude nas obras da rúa Manuel Alonso afecta ao comercio local na zona

  • O Goberno Municipal, co Alcalde, don Paco Ferreira, e a Concelleira de Comercio, dona Rocío Deolinda Goberna, non están a facer o seguimento das obras, que estiveron paralizadas durante varios días.

Dende Manifesto Miñor vimos de poñer en coñecemento do Alcalde e do Goberno Municipal -que se cadra aínda non se decataron pois andan en cousas de máis “nivel”- que as obras de humanización e mellora do treito (aprox. 50mts) da Rúa Manuel Alonso, van excesivamente lentas. Só traballan nelas diariamente tres operarios e, en dúas semanas, que saibamos, estiveron pralizadas catro días sen aparente xustificación.

A día de hoxe a preocupación dxs veciñxs e comercios ubicados nese treito de rúa en obras comeza a ser elevada, pois ademais dos graves prexuizos para algúns dos negocios alí instalados, xs veciñxs desa rúa non poden acceder aos garaxes das súas vivendas.

Un goberno con maioría absoluta de 9 concelleirxs e 7 dedicacións exclusivas, non ten xustificación posible para exercer o seu labor de vixilancia no que respecta á marcha obras exisixindo responsabilidades
se for o caso, pois está en xogo o medio de vida de varias familias.


En Gondomar, a 18 de outubro de 2021.
Asdo.: Antonio Arauxo Quintas.
Portavoz de Manifesto Miñor.

Outubro 19, 2021

Etiquetas: , ,