Manifesto Miñor organiza un curso de hixiene alimentaria para produtorxs locais.
Co ánimo de contribuír á formación dos nosos veciños e das nosas veciñas, dende Manifesto Miñor organizamos o primeiro dos cursos de formación para a veciñanza do Val Miñor. Trátase do curso de hixiene alimentaria destinado a produtorxs locais e, máis concretamente, para membros da Asociación O Toxo, que vén desenvolvendo os Encontros de Consumo Responsable no Concello de Gondomar. O curso estivo a cargo da produtora e formadora Amparo Grandío, licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, enxeñeira técnica agricola e diplomada en Ciencias Químicas.
Asemade, queremos lembrar que aínda quedan prazas para o curso xeral de Manipulador de Alimentos aberto a toda a veciñanza do Val Miñor. Este curso ten unha taxa de inscrición de 10€ por persoa, comezará unha vez se teñan inscritas un mínimo de 10 persoas. As prazas cubriranse por orde de chegada das solicitudes.
As persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico ao enderezo manifestominhor@gmail.com indicando o seu NOME e APELIDOS, DNI, E-MAIL e TELÉFONO para contactar con elas.