Don Paco Ferreira en contra de falar coa veciñanza e comerciantes da Praza Rosalía de Castro

Onte a Corporación Municipal de Gondomar celebrou o pleno ordinario do mes de xuño. Das dúas mocións que agora podemos presentar despois de que don Paco Ferreira decidise limitar o control ao goberno por parte da oposición, a primeira solicitaba do goberno municipal sentarse a falar coa veciñanza e xs comercientes da Praza Rosalía de Castro para resolver a mobilidade, aparcamentos, promoción da zona, etc., despois de que as obras rematen. Pois ben, o grupo de goberno votou en contra pois en palabras do Sr. Alcalde todo está OK e veciñxs e comerciantes da zona están encantadxs coas obras. Pouco a pouco o Sr. Ferreira e seu goberno de caladiñxs van impoñendo un modelo de vila dormitorio, sen vida, e só apta para a especulación inmobiliria. E quen queira mercar que vaia aos centro comercias de Porto do Molle en Nigrán ou a Vialia en Vigo. Obviamente, a estas alturas todo Gondomar sabe da alerxia que lle produce a D. Paco Ferreira falar, e sobre todo escoitar, xs veciñxs organizadxs.

 

A segunda moción tiña por obxecto que a Corporación Municipal, como foro de máxima representación democrática da cidadanía, se pronunciase sobre a desidia e o desprezo pola veciñanza que as empresas de telefonía están mostrando neste momente (moción sobre o despregamento da fibra óptica no rural). Resulta inaudito que despois de cobrar os centos de millóns de euros que veñen de Europa para estender a fibra óptica polo rural (e unha vez feitos os tendido da mesma) vemos con asombro como nalgúns casos oito meses despois os cables seguen ás portas das casas sen podernos conetar. Esta moción foi aprobada por unanimidade e agardamos que faga efecto alí onde teñen que resolver este asunto. A maiores, a UE deberíar investigar estas cousas que raian na estafa.

 

En Gondomar, a 7 de xuño de 2022.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Portavos de MM

Xuño 7, 2022

Etiquetas: , ,