Gondomar contra o eucalipto

Contra o eucalito

O vindeiro sábado, día 7 de abril, a Concellería de Medio Ambiente de Gondomar, dirixida polo noso compañeiro Antonio Araújo, desenvolverá unha saída do grupo de voluntariado medioambiental polos montes de Couso coa finalidade de arrincar os brotes de eucalipto e evitar a súa reproducción. A saída comezará ás 10:00 horas diante do Centro Neural! […]

Le mais Gondomar contra o eucalipto
Abril 5, 2018

Etiquetas: ,

O Concelleiro de Urbanismo, Antonio Araújo, inicia os trámites para atopar unha solución á casa do Telleiro

casa do telleiro

O pasado domingo, como é sabido, tivo lugar unha asemblea veciñal na parroquia de Borreiros convocada polas entidades veciñais da mesma á que asistimos todos os grupos municipais con representación na corporación, xunto cos propietarios da casa do Telleiro, para falar da posibilidade de lle buscar unha solución á devandita construción cuxo viabilidade está en […]

Le mais O Concelleiro de Urbanismo, Antonio Araújo, inicia os trámites para atopar unha solución á casa do Telleiro
Marzo 26, 2018

Etiquetas: ,

Carta dirixida ao Sr. Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, polo uso do coche de Servizos Sociais

Manifesto Miñor

Á ATENCIÓN DO SR ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE GONDOMAR. ASUNTO: USO INDEBIDO DO COCHE DE ASUNTOS SOCIAIS. Resulta evidente que os representantes públicos dunha institución calquera, máxime da Institución Municipal que é a máis achegada aos cidadáns, somos meros xestores dos bens públicos, e en absoluto usfructuarios dos mesmos e moito menos propietarios. É dicir, […]

Le mais Carta dirixida ao Sr. Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, polo uso do coche de Servizos Sociais
Marzo 26, 2018

Etiquetas: ,

A concellaría de Medio Ambiente desenvolve unha campaña para combater a velutina

velutina

VESPA VELUTINA: NON PODEMOS BAIXAR A GUARDA Como é sabido a vespa Velutina inicia de novo o seu ciclo vital anual. Aquelas raíñas fecundadas en setembro que sobreviviron ao inverno (se cadra os últimos fríos a destempo mataron ás máis madrugadoras) comezan a saír dos ocos onde invernaron para construíren os niños primarios onde iniciar […]

Le mais A concellaría de Medio Ambiente desenvolve unha campaña para combater a velutina
Marzo 24, 2018

Etiquetas: ,

Carta remitida ao señor Alcalde polo cobro indebido de kilometraxe

Manifesto Miñor

Co uso dos cartos públicos, xs políticxs teñen que ser extremadamente coidadosos e prudentes: Se a norma municipal ou lei prohiben cobrar os kilómetros dentro do termo muncipal e obrigan a xustificar as dietas e os desprazamentos que se fan fóra do concello, así debe ser. O contrario, como mínimo, é unha falta de ética […]

Le mais Carta remitida ao señor Alcalde polo cobro indebido de kilometraxe
Marzo 20, 2018

Etiquetas: ,

Exposición sobre Antón Alonso Ríos en Gondomar

Antón Alonso Ríos

  Xosé Antón Araúxo, concelleiro de Turismo do Concello de Gondomar, convida a toda a veciñanza a visitar a exposición sobre a figura de Antón Alonso Ríos. A inauguración da exposición terá lugar o vindeiros sábado 17 de marzo ás 20 horas no auditorio “Lois Tobio” de Gondomar. A exposición estará aberta de luns a […]

Le mais Exposición sobre Antón Alonso Ríos en Gondomar
Marzo 16, 2018

Etiquetas: ,