A Xunta Electoral de Zona (XEZ) volve advertir a Paco Ferreira por vulnerar as regras de xogo democrático ao ir facerse a foto á inauguración das obras d’A Pasaxe

O pasado luns, despois de aparecer a nova nos medios de comunicación, onde o Sr. Alcalde xunto co Presidente dos Emprasarios d´A Pasaxe e da empresa construtura anunciaban o comezo das obras da primeira fase do Polígono (que por certo, xa veremos como evolúe o asunto), por parte dos representantes legais de MM perante a XEZ procedeuse a denunciar ese feito, inconcebible a menos dunha semana dos propios comicios.

O Sr. Alcalde aproveita calquera ocasión para facer propaganda electoral sen lle importar que para iso, mesmo teña que vulnerar a lei. Para nós resulta un signo evidente de nerviosismo e debilidade pois ve como segundo avanza a campaña  as contas non lle dan. Un nerviosismo que sospeitamos está a influír na contorma máis hooligan do PSOE de Gondomar.

 

Pois ben, onte mesmo a XEZ resolveou requerirlle ao Sr. Ferreira que se absteña de facer actuaccións como a denunciada advertíndolle que esa forma de proceder pode dar lugar á apertura dun expediente sacionador. En todo Caso dende Manifesto Miñor algrámonos desta resolución do XEZ que deixa en evidencia a mala praxe do Sr. Ferreira desprezando  as mínimas  normas democráticas que deben guiar un preoceso electoral.

En Gondomar, a 24 de maio de 2023.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Candidato de MM á Alcaldía de Gondomar.

Maio 24, 2023