Unha nova cacicada do señor Ferreira: Manifesto Miñor non participará do Pleno muncipal virtual convocado para o 15 de maio ás presas, sen facilitar a documentación e con moitas dúbidas legais

Casa do Concello

O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, convocou o pleno extraordinario que a primeiros de marzo solicitara a oposición municipal. Trátase dun pleno solicitado para fiscalizar ao Goberno Municipal diante da falla de resposta ás continuas peticións de informacións ou simplemente a negativa de convocar os plenos ordinarios estipiulados por lei.

Pois ben, aproveitando o Estado de Alarma, pretende agora facer o pleno telematicamente para eludir a crítica e dar explicacións como lle cómpre, agochándose detrás dunha patalla de plasma como fixera un coñecido Presidente do Goberno. UNHA CACICADA DE TODO A VIDA!
Apostura da noso grupo municipal é clara: Con Manifesto Miñor – En Marea que non conte para este tipo de trapalladas; si pode contar, en cambio, para participar nun pleno n que se fale e acorden medidas de utilidade para a veciñanza de Gondomar.

Dende a nosa organización, sempre defendemos a necesidade de gobernar con transparencia, algo que o señor Paco Ferreira pon pouco en práctica. De feito, para a convocatoria deste Pleno extraordinario non achegou a información necesaria ata o día de onte pola tarde. Como pretende o señor Alcalde que estudemos centos de folios en menos de 48 horas?

Acompañamos o escrito que vimos de presentar no Rexistro Muncipal anunciando a nosa posición.

Maio 14, 2020

Etiquetas: , ,