#Transparencia: aclaración sobre dedicacións exclusivas dxs concelleirxs de Manifesto Miñor

De acordo co noso principio de transparencia, facemos público o certificado expedido pola Secretaría do Concello de Gondomar no que se fai constar que tanto Antonio Araújo, na súa condición de Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo, Patrimonio, Vivenda e Medio Ambienta, como Xosé Antón Araúxo, como concelleiro de Turismo, Emprego, Comercio, Dinamización económica e Participación Cidadá, non tiñan retribución ningunha en calidade de dedicación exclusiva.

Tal e como se recolle no acordo de goberno, cada grupo político daquel tripartito tiña asignada unha dedicación exclusiva que, no noso caso, recaeu na Concelleira de Benestar Social e Sanidade, Rocío Cambra. Cómpre aclarar que Manifesto Miñor sempre respectou este acordo, e defendeu as limitacións impostas ás dedicacións exclusivas, incluso cando o Sr. Ferreira quixo subirse o seu propio salario (que ascende a 38 870€, como se pode ver nas páxinas 11 e 12 do acordo, que adxuntamos a continuación).

Asemade, queremos aclarar que ningún dxs concelleirxs de Manifesto Miñor recibiu dietas por desprazamentos dentro do concello e, se algunha vez, por erro ou descoñecemento, se pasou kilometraxe, foi devolto.

 

Outubro 31, 2018