Manifesto Miñor solicita a retirada de sedimentos do río Miñor na ponte de Mañufe para evitar inundacións durante o inverno

Logo de revisar o longuísimo expediente para conseguir retirar os sedimentos amoreados ao pé da ponte Mañufe (un expediente iniciado no 2016 por Manifesto Miñor cando Antonio Araújo era responsable das áreas de Patrimonio e Medio Ambiente) e despois de ser autorizado por Augas de Galicia (cunha prórroga que remata o 30 de decembro deste […]

Le mais Manifesto Miñor solicita a retirada de sedimentos do río Miñor na ponte de Mañufe para evitar inundacións durante o inverno
Agosto 7, 2020

Etiquetas: , , ,

Manifesto Miñor esixe a posta en marcha imediata do voluntariado medioambiental

Logo do incendio do pasado luns en Fontán (na parroquia de Mañufe) moi próximo á varias vivendas, en Manifesto Miñor queremos amosar a nosa fonda preocupación ante unha situación potencialmente perigosa neste duro verán, máis aínda cando case toda Galicia está en risco extremo de incendios. De feito, os tres concellos do Val de Miñor […]

Le mais Manifesto Miñor esixe a posta en marcha imediata do voluntariado medioambiental
Xullo 29, 2020

Etiquetas: , , ,

Manifesto Miñor convoca unha concentración contra o comisións abusivas de Abanca diante da oficina de Gondomar

Dado que unha parte importante da nosa veciñanza con contas bancarias na entidade ABANCA está a verse prexudicada polas elevadas comisións e gastos de xestión que esta entidade bancaria está aplicar ás contas correntes (sobre 100 euros anuais), dende Manifesto Miñor convocamos unha concentración diante da oficina de ABANCA de Gondomar o vindeiro luns, 13 […]

Le mais Manifesto Miñor convoca unha concentración contra o comisións abusivas de Abanca diante da oficina de Gondomar
Xullo 8, 2020

Etiquetas: , ,

O Pleno de Gondomar aproba a proposta de Manifesto Miñor contra os parque eólicos nas serras do Galiñeiro e A Groba

Vista Concello Gondomar

O pasado mércores 17 de xuño, o Pleno da Corporación Municipal de Gondomar con 13 votos a favor e 4 abstencións do PP, aprobou a proposta defendida por Antonio Araújo Quintas, en nome de Manifesto Miñor-En Marea, de rexeitar o proxecto de parques eólicos nas serras do Galiñeiro e da Groba. Estas dúas serras son […]

Le mais O Pleno de Gondomar aproba a proposta de Manifesto Miñor contra os parque eólicos nas serras do Galiñeiro e A Groba
Xuño 20, 2020

Etiquetas: , , , ,

Manifesto Miñor contra os parques eólicos que proxecta a Xunta nas serras do Galiñeiro e A Groba [Moción]

Atendendo ao chamado dos Grupos Ambientalistas e Culturais do Val Miñor, presentamos unha moción contra os parques eólicos nas serras do Galiñeiro e A Groba ao Pleno da Corporación Municipal de Gondomar, que posiblemente se celebre o xoves 4 de xuño. Por dignidade democrática e por seren loitas que forman parte dos principios fundacionais de […]

Le mais Manifesto Miñor contra os parques eólicos que proxecta a Xunta nas serras do Galiñeiro e A Groba [Moción]

Unha nova cacicada do señor Ferreira: Manifesto Miñor non participará do Pleno muncipal virtual convocado para o 15 de maio ás presas, sen facilitar a documentación e con moitas dúbidas legais

Casa do Concello

O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, convocou o pleno extraordinario que a primeiros de marzo solicitara a oposición municipal. Trátase dun pleno solicitado para fiscalizar ao Goberno Municipal diante da falla de resposta ás continuas peticións de informacións ou simplemente a negativa de convocar os plenos ordinarios estipiulados por lei. Pois ben, aproveitando o Estado […]

Le mais Unha nova cacicada do señor Ferreira: Manifesto Miñor non participará do Pleno muncipal virtual convocado para o 15 de maio ás presas, sen facilitar a documentación e con moitas dúbidas legais
Maio 14, 2020

Etiquetas: , ,