A xustiza obriga ao señor Ferreira a retomar o concurso público de licitación dos postos da Praza de Abastos de Gondomar

Hoxe o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica a reapertura do proceso de licitación pública dos postos da Praza de Abastos de Gondomar. Así foi ordenado pola Xustiza contra o criterio ilegal e caciquil do Sr. Alcalde que pretendeu adxudicalos por decreto (a dedo). Era evidente que non podía ser doutro xeito pero, naquela altura, o único obxectivo era torpedear o traballo dos socios de goberno e apañar uns votiños.

Agora toca continuar o que outros comezamos axustado á legalidade co conseguinte prexuizo para xs praceirxs que confiaron nas mentiras do alcalde. Dende Manifesto Miñor queremos lembrar que SÓ HAI UN DÍA PARA PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN e poder acceder con garantías aos postos da Praza de Abastos. Este prazo afecta tanto ás persoas aspirantes a novxs praceiroxs, como para a regularizacións dos que agora están insalados nalgún dos postos da praza. 

Tiña razón MANIFSTO MIÑOR cando o concelleiro de comercio daquela, Xosé Antón Araúxo, puxo en marcha a regularización da Praza de Abastos de Gondomar. O Sr. Alcalde debería saber que coma representante público ten a obriga legal, política e moral, de defender a legalidade, especialmente cando se trata do dereito das persoas a concurrir a un concurso público en igualdade de condicións.  Como di o vello aforismo: “Pódese enganar a moita xente durante moito tempo, pero non a toda a xente durante todo o tempo”. Neste caso chegou con catro anos.

Na seguinte ligazón, pódese consultar a convocatoria: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2020/08/17/2020035097.

En Gondomar, a 17 de agosto de 2020.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Voceiro de Manifesto Miñor

Agosto 17, 2020

Etiquetas: , , ,