S.O.S. Candidatura Unitaria Galega: Evitemos a frustración
As representacións das candidaturas veciñais de vocación municipalista, reunidas en Santiago de Compostela no día de hoxe, consideramos que ante a convocatoria de eleccións á Cortes do próximo 20 de decembro non podemos, nin queremos, manternos ao marxe; pola contra, somos conscientes da enorme influencia que o seu resultado vai ter na nosa veciñanza e en toda a cidadanía galega.
E por iso que:
UNHA CANDIDATURA GALEGA
1º.- Atrevémonos a ESIXIR responsabilidade, xenerosidade e un último esforzo tanto ás iniciativas cidadás (Iniciativa pola Unión e Encontro por unha Marea Galega) como aos partidos políticos nacionalistas e de esquerda para concretar UNHA CANDIDATURA GALEGA que serva de expresión política da maioría social agredida, do dereito democrático a decidir e para asegurar unha ampla presenza dun grupo galego nas Cortes españolas.
2º.- Expresar que as candidaturas veciñais hoxe reunidas e que asinamos este chamado expresamos a vontade de achegar o noso traballo tanto na construción como no éxito da CANDIDATURA GALEGA.
3º.- Animamos ao resto das candidaturas de Unidade Veciñal do País a participar nesta tarefa, tan necesaria coma urxente, de construirmos entre todo@s esa ferramenta que cidadanía demanda e Galiza necesita.
Compostela a 25 de outubro de 2015