Paco Ferreira entrega, despois de máis dun ano, as concesións xs praceirxs de Gondomar

TIVO QUE INTERVIR A FISCALÍA A INSTANCIA DE MANIFESTO MIÑOR PARA QUE O SEÑOR ALCALDE, UN ANO DESPOIS DE REMATADO O CONCURSO PÚBLICO,  ENTREGASE AS CONCESIÓNS AOS PRACEIRXS DA PRAZA DE ABASTOS DE GONDOMAR.

 

O pasado 24 de febreiro fixo un ano que a mesa de contratación resolveu a adxudicación dos postos da Praza de Abastos xs praceirxs licitantes, quedando pendente a formalicación dos contratos e a entrega das correspondentes concesións, sen cuxa formalización e entrega dacordo coa nova Lei de Contratos, a Resolución da devandita mesa de contratación é papel mollado (Segundo informe verbal do Secretario Municipal en Pleno). Para Manifesto Miñor, como así o denuciamos publicamente, tratouse dunha retención de documentación inxustificada, por non dicir secuestro, que mantivo nunha situación de precariedade contratual e vulnerabilidade legal a case trinta familias que bastante teñen con manter abertos seus negocios nuns tempos tan complexos para o pequeno comercio local.

 

Pois ben, foi poñer en coñecemento esta situación perante a Fiscalía para que, en pouco máis de 15 días, o señor Alcalde fixera entrega das devanditas concesións. As últimas foron asinadas o pasado 4 de marzo. Para Manifesto Miñor, isto supón rematar cun longo proceso iniciado en 2017 e que foi atrasado e torpedeado con atrancos e argucias legais de todo tipo por don Paco Ferreira, incluso levando ao límite o cumprimento de varias sentenzas xudicias.

Manifesto Miñor tiña razón e agora todxs xs praceirxs teñen por fin nas súas mans as concesións e polo tanto unha legalidade que os ampara.

Agora sabemos cales eran as verdadeiras intencións do Goberno Municipal e do Sr Ferreira con este concurso inciado en 2017 polo concelleiro Xose Antón Araúxo: DEIXALO MORRER e no vindeiro mandato INICIAR UN NOVO cambiando os postos de lugar e subir o canon da concesión anual (a maiores da taxa) na liña doutras prazas de abastos da nosa contorna que andan todas elas nunha media arredor dos 12 000 euros/ano, non canto dos 228€/ano que ten Gondomar. Agora pódese dicir que está o proceso rematado, xs pracerxs legalmente establecidos e cos dereitos consolidados. Por suposto, as intencións de Paco Ferreira quedaron fóra de circulación.

 

As seguintes propostas que faremos dende Manifesto Miñor serán para que o Goberno Municipal poña en valor un elemento tan importante como é a Praza de Abastos Municipal e que serva para dinamizar a economía local.

 

En Gondomar, a 17 de marzo de 2022.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Portavoz municipal de MM.

Marzo 18, 2022

Etiquetas: , ,