O señor Alcalde MINTE ao comercio local de Gondomar na presentación do proxecto de “humanización” da Praza Rosalía de Castro e a súa contorna
O luns o Sr. Alcalde tivo que dar a cara e explicarlle xs comerciantes da Praza Rosalía de Castro, rúa M. Alonso, etc. o proxecto de humanización da zona. Tardou un mes en facelo! O resultado foi un “baño de realidade” e sentido común por parte dun colectivo que traballa arreo pra sacar adiante os seus negocios, as súas familias e pagar os impostos municipais, grazas aos cales o Señor Ferreira pode presumir dun goberno con sete dedicacións exclusivas, incluído o seu xeneroso salario. Non lle serviu de nada vender fume e prometer aparcamentos a esgalla diante de quen está canso de agravios e esquecementos. Xs comerciantes dixéronlle que, se quería axudar, que rebaixe ou suprima impostos e taxas como fixeron outros concellos durante a pandemia. Para escarnio dos presentes, atreveuse a comparar a Vila de Gondomar con Barcelona; ou que o Concello faría a “vista gorda” por meter os coches nas zonas peonís pra recoller a compra, etc. como xa fai algún comercio; ou que xs veciñxs dos primeiros ían poder durmir co cambio de pavimento. Un argumentario tan pobre coma o proxecto presentado, tratando ás persoas asistentes como indocumentadas.
Tamén dixo que por responsabilidade non ía renunciar ao MILLÓN de Euros do Plan Agora da Deputación (fondos europeos) que só poden ser empregados neste tipo de proxectos humanizadores. Unha vez máis o Sr. Ferreira MENTIU, primeiro, nas cantidades máximas de subvencións que se poden obter a través do Plan Agora: 50 000€ pra a redacción do proxecto e 100 000€ para as obras. Dos 800 000€ (80%) a conta da Deputación e os 200 000€ (20%) do Concello que nos “vendeu”, NADA DE NADA!
E segundo, no caso de que a subvención solicitada fose pola via do Plan RECPON, tamén con fondos europeos xestionados pola Deputación e vinculado á Rede Agora, efectivamente sería posible obter a subvención dos 800 000€, pero, poderían ser empregado noutro tipo de proxectos, como por exemplo a rehabilitación do CDL (Actuacións de tipo1 segundo as bases publicadas no BOP de 21 de xuño)
Obviamente, se a solución dun problema se propón partindo de semellantes premisas como comparando Gondomar con Barcelona, o fracaso está asegurado.
A humanización da Vila de Gondomar (á que ninguén se opón) debe ser pensada NO SEU CONXUNTO, e pasa en primeiro lugar por ter claro cal é papel que queremos xogar dentro da Comarca do Val de Miñor e da Área Metropolitana de Vigo. Dende sempre, a xente veu a Gondomar, e segue a vir, busca comercio, servizos ou lecer de calidade, algo do que podemos estar orgullosos e que o Sr. Alcalde despreza tentando impoñer un modelo de VILA DORMITORIO sen abrir o mínimo debate social ou diálogo coas persoas que traballan ou vivimos aquí.
Nós non temos paseo marítimo nin unha zona vella histórica; dependemos exclusivamente da calidade e variedade do que ofrecemos, sexa comercio, servizos, lecer, etc. Nun espazo tan pequeno como é a Vila de Gondomar hai de todo, e iso sábeno ben os clientes que veñen dende Tui, Tomiño, A Guarda, Nigrán, Valadares, etc, e por suposto das nosas parroquias.
Calquera cambio que sexa entendido polos potenciais clientes coma un atranco que deficulte a mobilidade ou o acceso á Vila, así como a supresión de aparcamentos, provocará, xa o está facendo, a derivación de clientela ás grandes superficies de Porto do Molle en Nigrán (a 15minutos), á Ramallosa (5 minutos), etc….
Certo que hai unha parte do traballo que teñen que facer os comercientes, como poñerse ao día en moitas cousas, incluso en competir coa venda on-line, etc, por iso é tan importante a implicación do Concello nestes novos reptos no canto de afogar ao comercio de proximidade que ainda nos queda e tronzar as sinerxias existentes con outros productores locais, etc.
Lamentablemente cando o que se busca e a rendabilidade eleitoral inmediata ou o aplauso fácil e a foto, o futuro pasa a un segundo plano. Pois haberá que loitar, e somos moitxs xs que estamos dispostxs a facelo.
En Gondomar, a 7 de xullo de 2021.
Asdo.: Antonio Araújo Quintas.
Voceiro de “Manifesto Miñor “