O Goberno Municipal de Paco Ferreira (PSOE) ten abandonados os comedores escolares dos colexios públicos de Gondomar

A importancia da existencia dos comedores escolares nos centros públicos de ensino resultou  ser unha conquista social de primeira orde levada a cabo polas ANPAS ao longo de moitos anos, e que desmostrou ser unha peza fundamental na posiblididade de conciliar a vida laborar das nais e pais cunha atención axeitada axs fillxs.  En Gondomar, a maiores conseguiuse hai anos que a xestión dos mesmos pasara de ser levada a cabo polas propias ANPAS a ser realizada polo Concello, o que permite reducir custes, maior control do sevizo, etc. Iso foi así durante a estancia no Goberno Muncipal de Manifesto Miñor e grazas á preocupación e á colabaoración coas ANPAS da nosa concelleira delegada do servizo, Rocío Cambra.

 

Despois das pasadas eleccións municipais e do goberno con  maioría abosoluta do PSOE e de Paco Ferreira, a cousa comezou a cambiar a peor malia ter un goberno municipal con 7 dedicacións de nove, entre elas a da concelleira encargada de velar polo bo funcionamento dos comedors escolares: a concelleira de Benestar Social. Como exemplo, cómpre dicir que, a día de hoxe, a empresa adxudicataria do servizo e xs traballadoxes responsables de servir as comidas nos colexios, aínda non coñecen á devandita concelleira.

 

Esta desidia por parte da Concelleira responsable e do propio Alcalde, está levando a unha relaxación na prestación do servizo por parte da empresa, e, en consecuencia, ao seu deterioro no cumprimento das cláusulas do contrato: falta de persoal (escaso para a atención dun servizo que require un control exhaustivo das nenas e dos nenos usuarixs), os lavalouzas instaladoso pola concelleira de Manifesto Miñor, Rocío Cambra, seguen sen funcionar cando están perfectamente instalados a día de hoxe (coa excepción do do CEIP Chano Piñeiro).

 

Asemade, denunciamos publicamente o incumprimeto expreso do compromiso do Sr. Alcalde de ampliar o comedor do CEIP Souto-Donas, que polas súas reducidas dimensións, xs nexos vénse na obriga de facer dúas quedas para comer. Isto produce unha evidente incomodidade no alumnado que usa este servizo, xa que se ve obrigado a xantar ás présas.

 

Dende Manifesto Miñor, recollendo as queixas de moitas nais e pais usuarixs do servizo de comedor escolar, INSTAMOS PUBLICAMENTE ao Goberno Municipal, á Concelleira responsable do servizo e ao propio Sr. Alcalde,  a que se poñan a traballar xa, pois a educación, os comedores escolares e a posibilidade de concialiar a vida laboral e familiar de pais e nais debe ser unha prioridade municipal por riba da propanganda e o postureo nas redes sociais aos que nos teñen acostumados. E ademais, e como xa se dixo, porque son un goberno muncipal moi ben pagado, cuxas liberacións nos custan a todxs xs gondomaresxs máis de 350 000 €/ano

 

En Gondomar, a 30 de Outubro de 2019.

Asdo.: Rocío Cambra Castro

Concelleira de MM-EM.

Novembro 2, 2019

Etiquetas: , ,