O Conservatorio Municipal de Música de Gondomar leva dende febreiro sen directora e sen profesora de piano e linguaxe musical
A CAUSA PRINCIPAL É A DESIDIA DO SEÑOR ALCALDE, POIS TRÁTASE DUN ASUNTO DA SÚA COMPETENCIA.
Lamentablemente comezamos a observa con claridade meridiana como o Sr. Alcalde comparte a idea da dereita política de que “a música é un luxo e quen o queira que a pague”, ignorando toda unha historia de máis de 40 anos de conservatorio en Gondomar que tanto beneficio deu, non só na adquisición de cultura musical, senón como saída profesional para dúcias de rapaces e rapazas, moitos deles tendo a musica como prefesión e mesmo alguns traballando nas mellores orquestras sinfónicas de Europa. Isto parece ignoralo o Sr Ferreira mantendo cunha plantilla de profesor@s, que ademais de ser escasa está laboralmente precarizada como é o caso que agora xurde. Pois ben, a actual directora do Conservatorio, que ademais é profesora de piano e liguaxe musical, viuse obrigada a coller unha baixa por embarzo antes do previsto o pasado 6 de febreiro. O goberno municipal sabía dende decembro que tiña que ir buscando substitución para esta profesora e para o seu traballo de dirección, labor buracrática que é imprescendible realizar pois, o non facela, pode causar serios problemas para o alumnado, como é o caso obviamente das clases que dá esta profesora, máxime cando estamos no último trimestre do curso e hai alumnado que ten que completar correctamente a súa formación cara o ingreso no conservatorio profesional de Vigo, etc.
Estamos a mediados de marzo e a profesora e directora está sen substituir con grave prexuizo que iso ten para o alumnado ou para os propios pais que nalgúns casos teñen que buscar de pago o suplir a formación que agora non teñen polas citadas circunstancias.
O Sr. Ferreira que entender que a formación dos nosos fillos e fillas non é unha brincadeira, que moito maís que ir as súas actuacións no Auditorio a facer se foto con eles para despoir presumir na redes sociais. Ten que resolver isto xa sen máis dilacción.
En Gondomar, a 11 de marzo de 2023.
Asdo. Antonio Araújo Quintas.
Voceiro de Manifesto Miñor