O comercio local de Gondomar novamente desprezado polo goberno local: don Paco Ferreira apoia as grandes superficies de Porto do Molle en Nigrán

Levamos tempo alertando da estratexia do Sr. Ferreira a respecto do comercio local de Gondomar. Agora, por fin, acaba de sacar a carauta apoiando sen complexos a instalación das grandes superficies transnacionais no polígono de Porto do Molle en Nigrán.

Iso explica o modelo que ás agachadas vén implantando Paco Ferreira en Gondomar, acelerado despois de expulsar do Goberno Municipal a “Manifesto Miñor”. A nosa formación servía de contrapeso xa que apostabamos sen complexos polo comercio local e de proximidade.

Agora sabemos cal é a finalidade das chamadas humanizacións que o Sr. Alcalde anuncia negándose a dialogar coa veciñanza da Vila e cxs comerciantes e apostando unilateralmente por unha Vila dormitorio, sen vida comercial e aperentemente “bonita”, pero morta. A gravidade desta actitude está en que todos coincidimos en que hai que ordenar a mobilidade no centro da Vila e humanizar, como é o caso da Praza de Rosalía de Castro, pero, antes, hai que dialogar cos potenciais beneficiados senón queremos que sexan prexudicados e expulsados dos seus negocios e medios de vida: detrás hai moitas familias. Hai que comezar por buscar alternativas ao aparcamento, por permitir a mobilidade nos horarios comerciais, por deseñar espazos urbanos versátiles que servan para montar eventos culturais, mercados, etc., por prantar árbores que fagan que ese espazo sexa habitable e non un lugar hostil como foi a mal chamada humanizacion da Praza da Paradela.

A Vila de Gondomar sen unha mínima mobilidade interna que permita recoller a compra, ou deixar os doentes á porta do fisioterapeuta, etc. iso non é humanizar” a Vila como di D. Paco Ferreira usando un eufemismo cando en realidade quer dicir pechala e convertela nun espazo para a especulación inmobiliaria onde só poderán vivir aquelas persoas que poidan pagar uns alugueiros desorbitados. Os demais veciños teremos que ir mercar aos centros comerciais de Porto do Molle ou a Vigo. Ese é o modelo de Vila que promociona o Sr, Ferreira, mentres , por certo, as parroquias seguen sen servizos básicos como saneamento, auga pública ou fibra óptica.

Dende MM unha vez máis esixiñoslle a Paco Ferreira diálogo para defender o noso comercio local, tamén a través de promiocións potentes e axudas, cousa que neste momento non se fai.

Sobre este asunto, MM ptresenta unha moción que debateremos no vindeiro pleno extraordinario de decembro convocado por todos os grupos da oposisición.

Por último, emprazamos publicamente ao Sr. Ferreira a que diga de que lado está: se apoia ás grandes superficies trasnacionais ou ao pequeno comercio local que paga os seus impostos en Gondomar, por certo, dos que el cobra o seu magnífico salario. 

 

En Gondomar, a 1 de decembro de 2021.

Antonio Araújo Quintas.

Voceiro de Manifesto Miñor

Decembro 2, 2021

Etiquetas: , ,