Logo

Manifesto Miñor

Xuntas pola rexeneración dos nosos concellos

  • TRABALLO MUNICIPAL
    • Concelleir@s
    • Iniciativas
    • Documentos
  • ACTUALIDADE
    • Novas
    • Axenda
    • Opinión
  • PARTICIPA!
    • Achegas
    • Asembleas
  • QUEN SOMOS
    • Nacemento
    • Como nos organizamos
    • Política de privacidade
  • IMAXES
  • CONTACTA
  • a Cova da Becha

O Alcalde de Gondomar non convoca á oposición da xuntanza coa veciñanza de Prado por “problemas co servidor e os correos electrónicos”

No día de hoxe, recibidos unha comunicación por parte da xefa de gabinete de Don Paco Ferreira para informarnos que, por motivos descoñecidos, non recibimos a convocatoria da xuntanza da Corporación Municipal coa veciñanza de Prado para tratar a situación do local social sobre a que pesa orde de derrubamento. 

Velaí a inaudita mensaxe que chegou ao correo electrónico do noso voceiro, Antonio Araujo. 

 

Dende Manifesto Miñor sabemos que, ultimamente, os correos electrónicos e os servidores fallan moito. Lamentamos que na casa do Concello non haxa unha cabina telefónica, como as de toda a vida, para chamar a oposición cando se trata de asuntos de tanta importancia para a veciñanza. Quizais sería conveniente recuperar a figura do alguacil, que nos convocara como se fixo sempre, xa que tampouco nos mandou a policía local co recado.

Aparte da retranca, esta actitude so vén confirmar que o goberno municipal trata de apartar á oposición de todas as cuestións relevantes do Concello e poder, así, ocultar información á mantenta. Esta mensaxe soamente contén excusas de quen mantén deliberadamente unha xestión opaca e pouco clara. Falta transparencia.

Gondomar, 10 de setembro de 2021.

Manifesto Miñor

Compartir:

  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Setembro 10, 2021
Publicado en NOVAS
Etiquetas: gondomar, local social, prado
Ant. Seguinte

Buscar

Filtros

  • ASEMBLEAS
  • AXENDA
  • DOCUMENTOS
  • IMAXES
  • INICIATIVAS
  • MOCIONS
  • NOVAS
  • OPINION
  • VIDEO

Ultimos artigos

  • A situación actual do GES segue sendo precaria: cómpren solucións urxentes por parte da Mancomunidade, Deputación e Xunta para non ter que lamentar no futuro
  • O convenio asinado entre o Alcalde de Gondomar e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para desenvolver a 2ª fase do Polígono d’A Pasaxe fai auga
  • Manifesto Miñor considera unha burla á veciñanza de Gondomar as xustificacións do Delegado do Consorcio da Zona Franca De Vigo, David Regades, sobre o convenio entre o CZFV e o Concello de Gondomar para o desenvolvemento da II Fase d’A Pasaxe
  • Manifesto Miñor presenta Recurso de Reposición contra a aprobación do convenio entre o Concello e o Consorcio da Zona Franca de Vigo por ser lesivo para os intereses municipais e ir contra o interese xeral, así como polos riscos financeiros e as probables ilegalidades urbanísticas que contén
  • Manifesto Miñor demanda a limpeza de camiños públicos e estradas en todo o Concello de Gondomar

Comentarios recentes


    minhor.gal 2018
    Esta obra ten unha licenza Creative Commons
    Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional.



    Políticas de Privacidade, e Cookies
    Aviso Legal

    IAMSocial, Un tema de WordPress por @aicragellebasi
    Scroll Up
     

    Cargando comentarios...
     

      A %d blogueros les gusta esto: