Nota de Prensa: A veciñanza de Gondomar poderá incorporarse como suxeito activo á política municipal
Dende o día 21 de febreiro para ir ao Pleno da Corporación para a súa aprobación definitiva.
Logo dun longo proceso, participativo(iniciado en 2015) e enriquecedor proceso durante a presentación do borrador, de recollida de alegacións, de estudo das propostas, de negociación e de redacción definitiva… Está preparado dende o día 21 de febreiro para ir ao Pleno da Corporación para a súa aprobación definitiva o Regulamento de Participación Cidadá (aprobado inicialmente no pleno de setembro de 2016).
Tras da exitosa posta en marcha da Administración electrónica, a articulación do Regulamento de Participación Cidadá era a outra grande prioridade de goberno da Concellaría de Participación Cidadá, cumprindo así co acordo de goberno que se pactou.
Queremos agradecer especialmente aos Partidos Políticos e á Coordinadora de Entidades Veciñais o seu traballo traducido nun importante número propostas en forma de alegacións presentadas ao proxecto inicial e ao seu espírito construtivo e á vontade de diálogo. As 108 alegacións son signo inequívoco da sede de participación que o tecido asociativo que este concello ten.
Sempre foi a nosa intención articular un texto integrador, aberto a incorporación, que procurase o consenso, que recollese todas as sensibilidades quen enriquecesen o texto e gardasen coherencia coa filosofía inicial.
Das 108 alegacións presentadas, puideron ser incorporadas o 63,89%, e dicir, unha maioría cualificada das achegas, forman parte agora do texto final. Queremos sinalar especialmente o traballo da Coordinadora de Entidades veciñais que presentou un total de 57 alegacións, das que un 86% foron incorporadas a redacción definitiva.
Ningunha boa idea que repercuta na calidade de vida, na democratización social, na convivencia ou na dinamización económica debe perderse por non atopar o cauce adecuado para a súa transformación en acción executiva. Este é o obxectivo fundamental do Regulamento.
Gondomar pode ser converterse pronto nun espazo privilexiado para a democratización das relacións veciñais.
Queremos mostrar un especial agradecemento a todas as persoas, entidades e partidos que durante tantos anos teñen empurrado neste obxectivo.
CADROS DE ALEGACIÓNS AO PROXECTO INICIAL DE G REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Presentáronse 108 alegacións:
PP:18
IXG:2
CABE: 31
COORDINADORA:57
Aceptáronse 69 alegacións:
PP.12
IXG:2
CABE:6
COORDINADORA: 49
Porcentaxe TOTAL de alegacións aceptadas: 63,89%:
PP:66,67%
IXG:100%
CABE: 19,35%
COORDINADORA: 85,96%
A totalidade dos membros do goberno teñen o regulamento coas novas achegas dende o 21 de febreiro, o 22 de febreiro trasladóuselle unha petición ao alcalde para falar do regulamento e poder darlle o prace xa coas alegacións incorporadas, sen recibir resposta á mesma ate o día de hoxe. O 23 de febreiro envióuselle o regulamento coas novas achegas tanto aos partidos políticos da oposición como a Coordinadora de Entidades Veciñais.
Gondomar,3 de marzo de 2017
O concelleiro de Participación Cidadá
Xosé Antón Araúxo Rodríguez