Modelo de reclamación contra os cortes de subministración de enerxía eléctrica
Co asesoramento de ACOUGA (Asociación de cosumidores e usuarios de Galicia) elaboramos esta folla de reclamación contra as compañías eléctricas polos cortes de subministración do servizo da luz en varias parroquias de Gondomar. A reclamación debe ser entregada no Instituto de Consumo de Galicia (pódese entregar no rexistro do Concello de Gondomar, dende onde se remite ao IGC). Unha vez rexistrada no concello, hai que mandar unha copia a Comisión Nacional del Mercado y la Competencia (CNMC), ben a través da súa sede electrónica (https://sede.cnmc.gob.es/), ben a través de correo postal no Rexistro presencial dirixido a calquera das súas sedes:
- Sede Alcalá
Alcalá 47 (28014 Madrid)
Telf: 91.432.9600
- Sede Barquillo
Barquillo 5 (28004 Madrid)
Telf: 91.432.9600
- Sede Bolivia
Bolivia 56 (08018 Barcelona)
Telf: 93.603.6200