Moción contra o peche do Centro de Saúde de Gondomar en horario de tarde durante o verán

centro saúde de Gondomar

Diante do anuncio do SERGAS de pechar o Centro de Saúde de Gondomar polas tardes durante o verán, decidimos presentar unha moción no Pleno municipal no sentido de amosar o noso rexeitamento contra esta medida e solicitar a restitución do servizo de atención médica no horario de tarde co horario e co persoal que cómpre.

Non se pode entender esta decisión por parte do SERGAS

Non se pode entender esta decisión por parte do SERGAS, pois precisamente no verán Gondomar e a comarca reciben un número considerable de persoas desprazadas que se converten en usuarias do Centro de Saúde de Gondomar.

Dende Manifesto Miñor queremos denunciar este novo ataque á sanidade pública, que prexudica a veciñanza de Gondomar. A política de recortes vén acompañada de restrición de servizos, que pode devir na súa eliminación.

XA ABONDA!

Xuño 11, 2018

Etiquetas: ,