Manifesto Miñor volve denunciar a falta de atención do goberno de don Paco Ferreira ao patrimonio municipal
Hai alguen empeñado en destruir a Ponte das Ánimas. Isto é tan evidente como a desidia do goberno municipal e do señor Ferreira. A pasada noite, por enésima vez, foi “castigada” deixando varias pedras do petril nun situación inestable, a piques de caer ao río. Ademais da agresión que supón ao patrimonio, crea unha situación moi perigosa para as persoas.
Levamos uns meses de constantes vandalizacións á Ponte das Ánimas: pintadas, lixo tirado pola zona (sobre todo, plásticos e latas), lousas arrincadas, etc. Dende Manifesto Miñor consideramos que estas actuacións son gravísimas, pero máis aínda a falta de atención por parte do dun goberno disque progresista, que no mes de abril aprobou unha moción presentada por Antonio Araújo en representación do noso grupo. Nese momento, xa advertimos das agresións que estaba a sufrir de maneira indiscriminada esa mostra senlleira do noso patrimonio. Como sempre, a moción foi aprobada e metida no caixón, pois don Paco Ferreira ten por norna desprezar calquera iniciativa que non saia do seu privilexiado cráneo.
A ver se agora toma en serio a Ponte das Ánimas.