Manifesto Miñor considera prexudicial para Gondomar a negativa de Paco Ferreira a participar na xuntanza coa conselleira de Industria organizada pola Comunidade de Montes de Vincios na procura dunha solución definitiva para A Pasaxe

A actitude vergoñenta do Alcalde o pasado venres pon en risco novamente a ordenación e urbanización do Polígono d’A Pasaxe, pois demostra unha falta de vontade por chegar a acordos coa Consellería de Industria, que debe aportar os investimentos necesarios para a execución das obras. 


O pasado venres, día 17, houbo unha xuntanza en Vincios convocacada pola CCMM desa parroquia á que foron convidados todos os grupos municipais, o señor Alcalde, os empresarios e propietarios do Polígono Industrial d’A Pasaxe… Foi unha xuntanza que pode ter moita transcedencia pra resolver definitivamente a situación do devandito polígono. A esa xuntanza asistiron, para lle dar explicacións ás persoas asistentes, a Conselleira de Industria e a Directora Xeral. 

Deixando fóra as cuestións partidarias inevitables nestes actos, pois a señora Conselleira viña representando ao Goberno Galego, pero tamén ao Partido Popular, hai que lle recoñecer a valentía política para asistir a unha asemblea dese tipo disposta a respoder ás preguntas e ás críticas que alí lle fixemos. Por certo, sería desexable que o Paco Ferreira e os reponsables de Zona Franca, que levan anunciado dende o ano 2019, diferentes investimentos e convenios, fixeran o mesmo para poder ter un visión completa de todas as propostas.

 

Entrando no asunto, vaia por diante  posición de Manifesto Miñor e a miña propia, que son públicas e coñecidas: a solución definitiva á ordenación e á urbanización do Polígono Industrial d´A Pasaxe, con garantías xurídicas e téncicas, pasa porque a Xunta de Galicia se responsabilice do proxecto, como se recollía no primeiro convenio asinado en 2008 entre o Concello, sendo eu mesmo Alcalde, os empresarios e propietarios do Polígono, a CCMM de Vincios e a Conselleira Teresa Táboas. Trátase  de xestionar unha actuación urbanística de tal complexidade, incluídas expropiación, que o Concello de Gondomar non ten capacidade administrativa para acometer en solitario semellante tarefa. De non se perder as eleicións de 2009,  hoxe estaría o asunto resolto.

Pois ben, nesa xuntanza a señora Conselleira puxo de manifesto publicamente a súa disposición a resolver este asunto definitivamente en colaboración co Concello, cuestión que lle trasladou por escrito ese mesmo día ao señor Alcalde. Tamén dixo algo obvio, que Manifesto Miñor leva dicindo hai anos: os máis de 3 000 postos de traballo actuais pódense duplicar co polígono rematado, razón política abonda para que o encaixe legal nas normativas existentes non sexan unha dificulatade.

Lamentablemente á xuntanza faltou o Sr. Alcalde. Dende Manifesto Miñor non entendemos semellante deixación de funcións. A súa obriga era estar presente alí onde se negocia ou se fala de intereses vitais para Gondomar. Ese mesmo día coñecemos que, á mesma hora, tiña programada outra reunión-propaganda para falar do mesmo asunto cos responsables de Zona Franca, cando todos sabemos que Zona Franca ten como actividade ou negocio urbanizar, vender ou alugar solo industrial como fixeron en Porto do Molle e non resolver conflictos como o d´A Pasaxe. O señor Alcalde sabe que A Pasaxe, ademais da complexidade do asunto, conta cun propietario maioritario do solo que é a CCMM de Vincios, a quen non se pode excluír de calquera tramitación, negociaición, etc. que se leve a cabo. Asinar un convenio con Zona Franca sobre uns terreos cuxa propiedade maioritaria é doutro titular, ignorándoo, é cando menos unha temeridade, algo que o propio Presidente da CCMM denunciou na devandita xuntanza.

Para Manifesto Miñor, que o señor Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, fose aos medios de comunicación a descalificar a xuntanza do venres é unha mala nova, pois é poñer por riba do interese xeral o seu interese particular e partidario abrindo un conflicto innecesario coa Xunta de Galicia. Don Paco Ferreira tiña a obriga política e moral  de asistir a esa xuntanza coa Conselleira de Industria e dicir alí o que considerase oportuno como fixemos os demais, pois por riba das súas lexítimas discrepancias, está a solución a un polígono industrial onde traballan máis de 3 000 persoas que poden duplicarse se isto se resolve. Un político de altura como pretende fecernos ver que é, estaría negociando con Zona Franca e coa Xunta para resolver isto de vez, xa que din estar todos de acordo, iso si, sen marxinar á CCMM de Vincios. Todo o demais son foguetes de artificio que nos levan  á cronificación do problema.

Señor Ferreira, menos fotos, menos redes sociais e máis consensos, máis traballo e máis discreción. Non xogue coas cousas de comer de tantos veciños e veciñas de Gondomar e do Val de Miñor.

 

En Gondomar, 31 de xaneiro de 2024.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas

Voceiro de Manifesto Miñor

Xaneiro 31, 2025