Manifesto Miñor propón que o Concello de Gondomar que poña a disposición da Consellería de Educacións locais municipais para dar aulas
En Manifesto Miñor asumimos as demandas da comunidade escolar e dos sindicatos maioritarios de educación que levan meses esixindo unha redución das rateos para garantir unha maior seguridade nos centros de ensino. Porén, en ningún dos centros mencionados dispoñen de aulas e espazos suficientes para garantir a diminución das rateos de estudantes por grupo.
Estes días, a Conselleira de Educación, a señora Pomar, en declaracións en prensa, achacou a imposibilidade de aumentar grupos e reducir as rateos de alumnos e alumnas por aula á falta de espazo nos centros de ensino. En Gondomar existen espazos, como as antigas escolas unitarias actualmente de titularidade municipal, que ben poderían utilizarse nestes momentos polas autoridades educativas para ampliar o número de grupos e diminuír as rateos.
Para MM a educación presencial con garantías para toda a comunidade escolar, debe ser tamén unha prioridade para o Concello, pois comezar o curso con seguridade e con medios vai supoñer tamén a posibilidade de conciliación para moitas familias e sobre todo a tranquilidade para as mesmas. O Gobernpo Municipal e o Goberno Galego deben implicarse nestes obxectivos sen tatexar.