Manifesto Miñor solicita a adaptación e habilitación de Casa Peralba para fins sociais: dúas vivendas tuteladas e un punto de encontro familiar

A necesidade de vivendas tuteladas para que aquelas persoas que teñen algún tipo de discapacidade poidan mellorar a súa vida e sobre todo podérense integrarse na sociedade  en condicións de igualde, é evidente evidente. Tan evidente como que é unha responsabilidade das institucións públicas de traballar a prol das mesmas e conseguir así unha sociedade máis inclusiva e igualitaria en dereitos para as persoas indistintamente da súa condición.

Non é obxecto desta moción debater agora sobre as características técnicas que deben ter as vivendas tutelas que se poidan construir no noso Concello, nin tampouco regulamentar o acceso ás mesmos, que en todo caso corresponderá aos técnicos municipais e aos servizos sociais.

Outra prioridade urxente, derivada das novas necesidades que a sociedade actual ten, é a existencia en Gondomar dun “Punto de Encontro Familiar”que favoreza o cumprimento do réxime de visitas dos fill@s  menores daquelas parellas separadas cando existen desavinzas entre ambos. Trátase xa que logo, dun lugar neutral e cómodo para que @s os fill@s poidan gozar da compaña do proxenitor non custodio ou de outro membro da familia tras a rutura familiar.

En “Manifesto Miñor” consideramos que agora o Concello de Gondomar ten posibilidades pra lle dar cobertura a estas dúasimporntantes demandas sociais ao contar cun inmoble céntrico, accesible e ben comunicados como é o conxunto de “Casa Peralba”, que coas reformas e adaptacións pertinentes, pode cumprir os obxectivos aquí expostos. A maiores, cónstanos que non sería dificil conseguir as axudas ou subvencións doutras  administracións para acometer as reformas necesarias, polo que consideramos que agora é o momento de poñerse a traballar nesta iniciativa.

Novembro 21, 2022

Etiquetas: , , ,