Manifesto Miñor reclama do goberno municipal que se retome o voluntariado medioambiental

MANIFESTO MIÑOR RECLAMA DO GOBERNO MUNICIPAL QUE SE RETOMEN AS PATRULLAS DE VOLUNTARIXS MEDIOAMBIENTAIS PARA PATRULLAR OS MONTES DO NOSO CONCELLO.

 

Fai agora xusto un ano que dende a Concellaría de Medio Ambiente, xestionada por MM-EM na persoa de quen isto subscrebe, púxose en marcha  a organización do voluntariado medio ambiental (máis de 100 persoas anotadas) cuxa primeira acción fora a de patrullar os montes do noso Concello, que como é sabido “tradicionalmente” arden no mes de setembro.

 

Dende a humildade máis absoluta, mais tamén dende a firme convicción de que a defensa e protección do Medio Ambiente é cousa que lle compete a toda a cidadanía, é polo tanto unha obriga ineludible das Institucións (neste caso do Concello) de criar as estruturas ou os espazos de participación necesarios para que isto se poida dar en condicións de coordinación e cun certo respaldo da institución municipal.

 

Hai un ano a iniciativa funcionou, e máis de 80 persoas participaron nestas patrullaxes ao longo de todo o  mes de setembro polos montes do noso Concello (máis do 70% do noso territorio). Esta iniciativa voluntaria, xunto co traballo dos profesionais peretencentes a outras insttitucións con competncias no asunto, e por suposto das propias CCMM, fixeron que tivesemos un mes de setembro sen practicamente lumes.

 

Sabemos que pode haber quen teña a tentación de calificar este tipo de iniciativas de irreleventes mais, se o vemos dende o ponto de vista de facer a pedagoxía necesaria  entra a  nosa veciñanza de mentalidade máis urbanas ou afastada sentimentalmente do Medio, a perspectiva cambia radicalmente. Velaí a importancia deste voluntariado pensando como elemento de concianciación e na defernsa dun monte multifucional e como elemento básico na nosa calidade de vida, lecer, biodiversidade, aire limpo, auga, patrrimonio, etc.

 

Pois ben, dádo que non temos coñecemento de que actual goberno municipal do Sr. Ferreira teña a intención de retormar unha iniciativa tan util para a sociedade e o noso Medio como é botar a andar o Voluntariado Medioambiental, dende MM reclamamos (presentamos hoxe o escrito no Trexistro Xeral do Concello) que sen máis demora e antes de que teñamos os lumes enriba nosa, se poña en marcha o voluntariado medio ambiental e como iniciativa urxente comecen a patrullar os montes.

Se isto non se dá, dende MM iniciaremos pola nosa conta as patrullas dos montes en setembro, facendo un chamado á sociedade gondomarense para que colabore con nós, e estamos seguros de que así vai ser.

 

En Gondomar, a 3 de setembro de 219.

 

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.Voceiro do Grupo Municipal MM-EN

Setembro 4, 2019