Manifesto Miñor presenta alegacións ao Plan de Transporte Público de Galicia da Xunta

Á importancia do transporte público e colectivo por estrada como elemento vertebrador dos diferentes territorios, comunicándoos internamente e co exterior, así como xerador de progreso polo que ten de permitir un acceso universal aos diferentes servizos, agora, hai que lle enagadir unha nova e urxente necesidade: a loita contra o cambio climático e, en consecuencia, a eliminación de cantos máis vehículos particulares mellor das estradas, das cidades, das vilas, etc.

En Manifesto Miñor estamos comprometidxs con estas dúas cuestións centrais na sociedade do século XXI. Por iso, presentamos as seguintes alegacións ao Plan de Transporte Público de Galicia (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CIV_DX_de_Mobilidade?content=Direccion_Xeral_Mobilidade/Transporte_publico_Galicia/seccion.html&std=ptpg.html) e en contra do modelo (ou, mellor dito, a falta de modelo) que nos queren impoñer dende a Xunta de Galicia. Asemade, tamén apoiamos a loita veciñal que se vén desenvolvendo dende a Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar e animamos a todas as veciñas e veciños de Gondomar e do Val Miñor a que consulten o documento presentado e participen da alegación colectiva que se está organizando.