Manifesto Miñor organizará mobilizacións contra as comisións abusivas de Abanca
Unha parte importante da nosa veciñanza de Gondomar e de todo o Val Miñor con contas bancarias na entidade ABANCA estase a ver prexudicada por elevadas comisións e gastos que esta entidade bancaria está apliar a súa clientela. Estas comisións impóñense sobre contas correntes, non sobre produtos financieros de esperada rendabilidade. É dicir, afectan xs consumidorxs.
Para defender as nosas veciñas e veciños, por enriba dos intereses especulativos das entidades financeiras e denunciar o cobro abusivo de comisións e gastos de xestión de ABANCA, dende Manifesto Miñor organizaremos unha serie de mobilizacións sociais. Logo de presentar unha moción no Concello de Gondomar (aínda sen defender por non se convocar Plenos no noso concello), para conseguir o compromiso de toda a Corporación Municipal na defensa das veciñas e veciños afectadxs, e de enviar escritos de queixa ao servizo de reclamacións do Banco de España e da propia entidade bancaria, agora comezamos cunha serie de concentracións que se desenvolverán nas próximas semanas diante das oficinas de Abanca da contorna.
Esta mañá concentrámonos un grupo de veciñas e veciños de Gondomar diante da oficina de Abanca. Virán novas mobilizacións ata que a entidade financeira devolva todas as comisións e gastos de xestión e revirta a sua política e cobros sobre as contas correntes.
Gondomar, 13 de xullo de 2020
Manifesto Miñor