Evitemos os lumes: Manifesto Miñor propón unha serie de medidas para a protección dos montes da comarca

Onte tivemos o primeiro aviso serio do que pode ser unha tempada de incendios dramática na Comarca do Val de Miñor. O lume que onte alguén prendeu entre o Viso (Baiona) e o Monteiro (Borreiros/Gondomar) tiña, ao noso modo de ver, toda a intencionalidade de queimar, xusto a banda da Comarca que non ardeu en 2017. Isto quere dicir que, se non o impedimos, os incendiarios acabarán conseguindo os seus obxectivos.

Dende Manifesto Miñor cremos que é fundamental darlle a posibilidade á sociedade civil de se implicar nesta loita, dádo que os medios de resposta inmediatra son escasos. É por iso que PROPOÑEMOS:
1º.- Máis dotación humana e material permanentes do GES, dado que no verán teñen que atender a maiores unha población que triplica o seu número, máis accidentes de tránsito, dous polígonos industriais, etc.
2º.- A creación dun voluntariado medioambiental comarcal específico, que, da man das CCMM, do GES ou das Polícias Locais, patrulle os montes da Comarca dende xa, co obxectivo de vixiar o monte e disuadir aos potenciais incedendiarios.
3º.- A creación dun grupo de traballo específico e estable no tempo entre as CCMM e a Mancomunidade de Concellos do Val de Miñor co obxecto de estudar medidas preventivas dos lumes, poñer en común os recursos existentes, así como traballar na elaboración de campañas informativas, formativas e de sensibilización social, sobre todo no medio urbano, a respecto dos lumes e da importancia de termos uns montes ben protexidos e multifuncionais.
4º.- Por último, e no caso do Concello de Gondomar, dende MM demandamos do Goberno Municipal e do Sr. Alcalde a inmediata posta en funcionamento do Voluntariado Medioambiental creado pola
Concellaría de Medio Ambiente xestionada por Manifesto Miñor no ano 2017 baixo a responsabilidade de Antonio Aaraújo, que con máis de 100 voluntari@s desenvolveu un importante labor de vixilancia nos montes de Gondomar no verán de 2018. Faría ben Paco Ferreira en non desmontar por sistema todo aquilo que fora posto en marcha por MM cando o bipartito, sobre todo cando funciona e ten utilidade como foi o caso.


En Gondomar, a 23 de xullo de 2020.
Asdo.: Antonio Araújo Quintas.
Voceiro de Manifesto Miñor.

Xullo 23, 2020

Etiquetas: , , ,