Manifesto Miñor manterá un encontro cxs comerciantes e empresas que prestan servizos na Vila de Gondomar

O encontro terá lugar o vindeiro martes, 4 de abril, ás 21:00 horas, no Centro Neural de Gondomar.

 

A deriva do Goberno Municipal do Sr. Ferreira a respecto do tratamento que nos últimos anos lle deu á Vila de Gondomar, co desprezo xs comerciantes e as empresas que prestan servizos nela, coa negativa a escoitalos ou a atender as súas suxestión, por non falar do escaso apoio en canto a medidas mantidas no tempo que promocionen o comercio local ou a falta de iniciativas para mellorar a mobilidade dentro da Vila e coas parroquias, está a conseguir que a día de hoxe a Vila de Gondomar sexa un deserto comercial. Hai tendas e negocios que pechan cada semana e os que se manteñen abertos é simplemente pola necesidade de seus donos de agunatar até a xubilación, pero sen relevo xeracional.

 

En Manifesto Miñor pensamos que se lle pode dar a volta a esta situación, pero, para iso hai que  escoitar a todas as persoas que a día de hoxe aínda teñen un negocio aberto en Gondomar. O primeiro paso é facerlles entender que o comercio local e de proximidade ten futuro se queremos comprar calidade, ter sustentabilidade e mellores prezos. E, sobre todo, é fundamental garantirlles que o Concello vai estar ao seu carón apoiando sen reservas todo tipo de medidas que favorezan esa finalidade. 

 

En Manifesto Miñor temos propostas que queremos poñer en común con todas estas persoas, e para falar diso, e sobre todo para escoitar o seu punto de vista, organizamos este encontro sobre o futuro do comercio e dos servizos na Vila de Gondomar. Convidamos a todxs xs comerciantxs o vindeiro martes, día 4 de abril, ás 21:00 horas no Centro Neural (xunto á Policía Local).

En Gondomar, a 31 de marzo de 2023.

Asdo. Antonio Araújo Quintas.

Marzo 31, 2023

Etiquetas: ,