Manifesto Miñor demandará no Pleno de Gondomar unha solución consensuada para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES)
Non é a primeira vez que Manifesto Miñor chama a atención aos diferentes gobernos municipais da Comarca e aos propios da Mancomunidade do Val de Miñor sobre a situación do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), lamentablemente sen moito éxito. Agora, á vista dun conflicto laboral que se agrava e que leva enquistado máis de catro anos sen que, por parte dos responsables políticos, se fixese nada para resolvelo no que vai de mandato, incluso sabendo da derivada interna que colleou e que pode entrar nunha fase que mesmo faga perigar a súa existencia, xa non poden seguir mirando pra outro lado.
Por ese motivo, dende Manifesto Miñor imos pular pola soolución do problema dende a Corporación Municipal de Gondomar. Deste xeito, presentamos unha moción coa esperanza de que as demais forzas políticas se comprometan e resolvan de vez este problema que lle afecta a un dos servizo máis importates e necesarios que temos na Comarca.