Manifesto Miñor demanda a instalación de filtros HEPA nos centros de ensino de Gondomar

Diante da preocupación e desconcerto das ANPAS de diferentes centros públicos da Comarca pola actitude da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia prohibindo ou poñendo atrancos á instalación nos colexios  de puripifacdores de aire que fagan máis seguras as aulas para o alumnado e frofesarado, dende o Grupo Municipal de MM-EM, asumindo plenamente esa preocupación dámoslle traslado ao Pleno da Corporación Municipal, tal cal o fixeron público para que esta corporación municipal se posicione ao respecto.

O pasado 21 de outubro de 2020 dúas novas relacionadas coas aulas e a COVID 19 apareceron nos medios de comunicación:

  • Por unha banda, a Xunta de Galicia, dende a Consellería de Educación, declara que desaconsella o uso de depuradores de aire HEPA nas aulas dos centros escolares de Galicia, sen especificar en qué basea esta decisión.
  • Por outra banda, o CSIC, máximo organismo científico deste pais, publica as súas recomendacións para a ventilación das aulas, baseadas nas investigacións máis rigurosas e punteiras, e seguindo a estela do protocolo de Harvard, propoñendo os HEPA como unha axuda indispensable para mellorar a ventilación das aulas e baixar a carga vírica naquelas circunstancias polas que por meteoroloxía ou contaminación ambiental (centros en rúas con moito tráfico, por exemplo) non é posible manter as ventás abertas de xeito continuado.

https://www.csic.es/sites/default/files/guia_para_ventilacion_en_aulas_csic-mesura.pdf

Esta situación confusa e contradictoria está a afectar a centros educativos de toda Galicia e preocupando as ANPAs de todo o territorio, que vendo cómo empeora a situación da pandemia, e coñecendo a realidade social de Galicia, tememos que os contaxios da COVID 19 poidan medrar de xeito exponencial nas aulas, afectando a familias enteiras, moitas delas con membros en situación de saúde vulnerable, sen que se nos permita fornecer as aulas de todos os recursos de seguridade que nos brinda a ciencia, como son os filtros HEPA, que axudan a reducir a carga vírica dun espazo.

Novembro 4, 2020

Etiquetas: , , ,