Manifesto Miñor apoia a medidas anunciadas polo señor Alcalde e ofrécese para colaborar no desenvolvemento das iniciativas para recuperar o comercio local

MANIFESTO MIÑOR APOIA AS MEDIDAS PARA REVITALIZAR O COMERCIO LOCAL QUE VÉN DE ANUNCIAR O GOBERNO MUNICIPAL, POIS VAN NA LIÑA DAS QUE PROPUXEMOS HAI UNHAS SEMANAS. CON TODO, INSTAMOS AO ALCALDE A DIALOGAR CON TODOS OS COMERCIANTES DO CONCELLO E CON “OVALMI”, QUE É QUEN HOXE REPRESENTA Á MAIORÍA DELES.

 

Como xa é coñecido por todxs,  hai uns días o Sr. Alcalde de Gondomar, D. Paco Ferreira, anunciou nos medios de comunicación que o Concello ía poñer en marcha unha serie de medidas para revitalizar o comercio local vinculadas, na súa maioría, coa venda, promoción, etc. on line e as novas tecnoloxías. Dende Manifesto Miñor aplaudimos a iniciativa polo que pode ter de positiva para un sector clave na nosa economia local e, polo tanto, para o futuro  de moitas persoas veciñas nosas que traballan neste sector ou teñen nel o seu principal medio de vida.

 

A proposta que Manifesto Miñor presentou oficialmente a traves do Rexistro Xeral do Concello hai máis de 10 días está pensanda para se implantar a medio e a longo prazo, pois estamos convencidxs que haberá un antes e un despois do COVID-19, tamén no xeito en como a cidadanía se vai relacionar co comercio, co traballo, co lecer, etc. Entender e analizar correctamente estes cambios, levaranos necesariamente á conclusión de que as nosas compras,  a obtención de recursos básicos do sector primario, os diferentes servizos, etc, van realizarse na nosa contorna máis próxima. A crise producida pola pandemia do CORONAVIRUS o único que fixo foi precipitar unha realidade imparable e, sobre todo, crear consciencia social sobre a mundanza de determinados estilos de vida, maiormente aqueles que nos conducían a un consumismo dificil de manter nun Planeta de recursos finitos.

 

Somos conscientes que o Sr. Alcalde non lle recoñecerá nunca e, menos publicamente, a Manifesto Miñor o traballo realizado e as propostas feitas. Tanto nos ten, o importante é que se fagan e non queden nun anuncio propagandístico máis ou nunha foto nas Redes Sociais.

 

Pola nosa parte seguiremos traballando en positivo, polo que lle reitaramos ao Goberno Muncipal a nosa disposición a colaborar na posta en marcha desta iniciativa, transformadora e de máis calado do que parece, e que precisa de moito traballo previo e sobre todo diálogo co sector.

 

En Gondomar, a 25 de abril de 2020.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Voceiro do GM. de MM-EM.

Abril 25, 2020

Etiquetas: , , ,