Manifesto Miñor alerta do perigo nas obras da rotonda de A Pasaxe pola falta de alumeado
As obras que, neste momento, está a realizar a Xunta de Galicia na PO-331 á altura da rotonda d`A Pasaxe, en Vincios, ademais da incomodidade que xeran no tránsito rodado, poñen en perigo as persoas que por alí teñen que pasar, tanto dos barrios próximos como as usuarias do propio Polígono Industrial. Con todo, a situación de maior perigo prodúcese pola noite ao quedar toda a zona nunha obscuridade absoluta, pois por mor das devanditas obras foi eliminado todo alumeado público existente na rotonda.
Por iso, dende Manifesto Miñor presentamos un escrito no Concello de Gondomar para que o goberno municipal actúe e esixa á Xunta de Galicia que repoña o alumeado, aínda que sexa provisionalmente, para evitar situacións de perigo.