Gondomar solicitará a APLU a paralización dos expedientes das vivendas afectadas polos lumes

lume en gondomar

PLENO DO CONCELLO DE GONDOMAR. MOCIÓN SOBRE AS CONSTRUCCIÓNS AFECTADAS POLOS LUMES E AS ACTUACIÓNS DA APLU (Axencia da Protección da Legalidade Urbanística).

O Pleno da Corporación Municipal de Gondomar celebrado este xoves deixou claro, unha vez máis, cales son os intereses e as intencións políticas dos grupos que a compoñen á hora de defender ou de axudar a resolver os problemas reais da veciñanza, neste caso da que foi afectada pola vaga de lumes do pasado mes de outubro.

Uns votando en contra (o PP) porque apostan polo “canto peor mellor” á hora de desgastar o goberno municipal e porque poñen por diante da defensa dos vecinos a obediecia cega aos xefes do partido; e outros absténdose (CABE) porque viven totalmente fóra da realidade política e social de Gondomar.

E hora de defender ou de axudar a resolver os problemas reais da veciñanza

O que se pedía na moción de “Manifesto Miñor” era algo tan simple como trasladarlle a reclamación/opinión (non puido ser unánime) da Corporación Municipal á APLU (Axencia de Protección da Legalidade Urbanística) e á propia Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, que teñan en conta a situación de catástrofe, absolutamente excepcional, que os lumes do mes de outubro provocaron en varias parroquias de Gondomar, incrementando a desesperación de dúcias de familias que agora ven como as súas vivendas ou construcións afectadas ou destruidas polo lume, seguen coa Espada de Damocles das ordes de derrube e das sancións ou, da Fiscalía… pendurada sobre as mesmas. A maiores de que, con toda probabilidade, por este motivo non se poidan acoller ás axudas para reparar os danos provocados polos devanditos lumes.

Axilizando os trámites que dependen da Xunta como no caso das delimitacións de núcleos

Non se trata de amnistiar urbanisticamente a ninguén, senón que á vista dunha situación de catástrofe evidente, así recoñecida oficialmente pola Administración do Estado e polo propio Goberno Galego, se lle axude ás persoas afectadas a resolver esta situación dándolle máis tempo para tramitar as legalicións; axilizando os trámites que dependen da Xunta como no caso das delimitacións de núcleos que están en marcha ou, retirando as denuncias da Fiscalía… Persoas que en todo caso son vítimas da complexa situación urbanística que Gondomar padece dende hai máis de 10 anos, e cuxos reponsables teñen nome e apelelidos políticos.

Agardamos que a APLU e a Consellaría de Medio Ambiente e Ordenanción do territorio, teñan máis sensibilidade social

Dende Manifesto Miñor, agardamos que a APLU e a Consellaría de Medio Ambiente e Ordenanción do territorio, teñan máis sensibilidade social que a demostrada por una parte da Corporación Municipal (votamos a favor MM, PSOPE e IxG 10 votos), e atendan a demanda da veciñanza afectada polo lume. Que por certo, trátase dunha problemática común a máis concellos do País.

En Gondomar,a 18 de Novembro de 2017.

Asdo. Antonio Araújo Quintas.
Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente de Gondomar

 

Na seguinte ligazón, pódese consultar a moción presentada no pasado pleno.

Novembro 18, 2017

Etiquetas: ,