Feira de Oportunidades Portobelo, 12 de marzo.
Os grandes descontos chegan a Portobelo, coa feira de oportunidades do Val Miñor
Arranca a cuarta edición a feira de Oportunidades Portobelo. Organizada pola Asociación de Empresarios e comerciantes do Val Miñor (OVALMI) terá lugar o próximo domingo 12 de marzo, en horario continuado desde as 11 da maña hasta as 9 da noite.
En Portobelo, que conta coa colaboración do Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Comercio, poderanse atopar produtos variados como: calzado, prendas de vestir, tocado, menaxe, ferretería, cosmética, produtos de limpeza, etc.
Agardamos que este ano sexa o da consolidación deste gran encontro comarcal para o contacto co comercio local, ao traveso dos 25 establecementos comerciais que participan este ano.
Animamos ás familias á achegarse a Vila de Gondomar, que estará especialmente colorida e decorada para a ocasión con paraugas colgantes sobre as rúas do Concello, e relacionarse cos establecementos de proximidade, nun día, no que si as previsións meteorolóxicas se confirman, disporemos de bo tempo e temperaturas agradables.
Nos paraugas do Portobelo, haberá tamén obradoiros dirixidos polo Centro Juan María de Parada, Nigrán nos que se traballará con materiais reciclables para os rapaces durante toda a xornada.
Para os menores tamén están pensados os inchables que estarán durante toda a feira con prezos solidarios.
Como actividade lúdica proponse a todos os visitantes unha exhibición de Danza Moderna e Hip-Hop, que terá como promotores á Escola de Danza da Paradela e a Asociación da Danza de Gondomar. Unha actividade aberta a todas las idades e dará comezo as 17,00 horas nas inmediacións da Praza da Alameda.
Gondomar, 7 de marzo de 2017
Xosé Antón Araúxo Rodríguez
Concelleiro de Comercio
Concello de Gondomar.