Transporte de viaxeiros ao Campus Universitario de Vigo

Trasporte Val Miñor Universidad

Hoxe houbo Pleno da Mancomunidade do Val Miñor no que se aprobou, por unanimidade, unha moción de Manifesto Miñor, presentada polo noso representante, o compañeiro Antonio Araujo, para instar ao goberno da Mancomunidade a realizar as xestións necesarias co fin de conseguir que a nosa Comarca conte cun transporte de viaxeiros ao Campus Universitario de Vigo, para alunos, profesores, persoal de administración e servizos, etc.

SR. PRESIDENTE DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO VAL MIÑOR.
MOCION SOBRE A SITUACIÓN/NECESIDADE DE TRANSPORTE AO CAMPUS DA UNIVERSITARIA DE VIGO.

Antonio Araújo Quintas, veciño de Gondomar con domicilio na Avda. do Conde nº21, e DI  nº36.032.724G, na súa condición de concelleiro membro da Xunta da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, presenta ao Pleno para o seu debate e, aprobación se procede, a seguinte MOCIÓN:

A proximidade xeográfica do Campus da Universidade de Vigo ao Val Miñor debería de ter provocado ao longo destes anos unha relación ou interacción entre esa institución universitaria e a nosa Comarca de grande probeito e beneficio mutuo, máis alá do feito evidente que supón a facilidade de poder estudar a centos de mozos e mozas miñoráns.

Na actualidade estudan no Campus de Vigo 408 alumnos e alumnas da nosa Comarca: 101 de Baiona, 116 de Gondomar e 191 de Nigrán, a maiores de dúcias de profesores e profesoras, e persoal non docente que tamén son veciños nosos.

Todo isto podería incrementarse moito máis se dende o Val Miñor existira un trasporte regular de viaxeiros, con horarios axeitados ás necesidades de todo este potencial humano barato e de calidade. Ademais do aforro que suporía para moitas familias que, na maioría dos casos tiveron que mercar un coche para que os seus fillos se pudieran desprazar á UVIGO, podería converter o Val Miñor nunha comarca de residencia universitaria de grande calidade de vida e atractivo, axudando a desestacionalizar o período vacacional do verán.

Por estas razóns, e sobre todo pola obriga que como representantes públicos temos, e dentro das competencias que a Mancomunidade ten, cómpre comezar a traballar na solución deste problema poñendo os medios e os recursos necesarios a tal finalidade.

Por todo isto, PROPOÑO para a súa aprobación, se procede, o seguinte:

A Xunta da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor acorda iniciar as xestións pertinentes: coa Universidade de Vigo, coa Federación de ANPAS do Val Miñor, coas organizacións estudantís, coas empresas de transporte, etc, coa finalidade de estudar e valorar a creación das liñas de transporte ao Campus da Universidade de Vigo en Lagoas-Marcosende que se consideren necesarias. Ben pola vía dun transporte discrecional, de crear novas liñas……. con axudas ou subvencións, etc, etc. En todo caso na procura de que o alumnado da nosa Comarca poida estudar nas mellares condicións encanto ao desprazamento á UVIGO, de seguridade e de aforro económico para as familias, pois na medida en que así sexa así esteremos favorecendo o acceso aos estudos superiores á poboación menos favoreciada , oi máis castigada pola crise económica e social que segue imperando entre nós.

Val Miñor, febreio de 2017.
Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Marzo 1, 2017

Etiquetas: , , ,