Convocatoria da Asemblea Comarcal Aberta de Manifesto Miñor

Manifesto Miñor

O vindeiro venres,  23 de novembro, no local de Manifesto Miñor en Gondomar (CDL – https://goo.gl/maps/UXxSDJCDger), convocamos a toda a veciñanza do Val Miñor a unha Asemblea Aberta para debater e poñer en común as distintas posibilidades de cara ás vindeiras eleccións municipais (maio 2019). Dende Manifesto Miñor fixamos o obxectivo de presentar candidaturas veciñais de confluencia nos tres concellos do Val Miñor a través de procesos participativos e abertos a todas aquelas veciñas e veciños que queiran participar neste espazo común.

A asemblea desenvolverase de acordo coa seguinte ORDE DO DÍA:

1º.- Constitución da mesa da Asemblea.

2º.- Valoración política da situación nos tres concellos do Val Miñor.

3º.- Posicionamento de Manifesto Miñor diante das vindeiras eleccións municipais: conformación de listas propias, acordos de confluencia en torno a programas e procesos de elaboración de programas, candidaturas, etc.

Novembro 21, 2018

Etiquetas: , ,