Contratación dunha persoa de apoio ao grupo municipal
A Asemblea do Manifesto Miñor, reunida o pasado venres 25 de setembro de 2015, acordou abrir un proceso de selección para a contratación dunha persoa de apoio ao Grupo Municipal, segundo as bases que figuran no documento adxunto.
Bases para a contratación
As persoas solicitantes deberán entregar no local do Manifesto Miñor (r/Párroco José Mariño 9), xunto coa solicitude, a documentación da que dispoñan que acredite cada un dos puntos das bases. A documentación poderá entregarse durante a presente semana en horario de 10h a 12h no local do Manifesto Miñor.
Bases para a contratación dunha persoa de apoio ao Grupo Municipal do Manifesto Miñor: